Publicidad:
La Coctelera

Así son as cousas... para min

Categoría: Cine que merece a pena

17 Marzo 2006

BROKEBACK MOUNTAIN


"Broukback Mountain" ou "as diferentes formas de vivir enamorado". Así interpreto eu o que sen dúbida é o filme do ano, xa sexa por bo, por malo ou pola popularidade que acadou. Os vaqueiros de Ang Lee quedáronse sen o merecido Oscar para Jack Gillenhaal (Jack Twist) e á mellor película, este último arrebatado por "Crash", un filme interesante pero que non lle fai sombra.

Un sentimento universal invade a dúas persoas que o aceptan con actitudes opostas e criterios diferentes. As dúas o sinten por igual, coa mesma forza, pero deciden vivilo de xeito distinto. O espectador presencia como a forma de vivir o amor dunha delas afecta á outra e viceversa, pero eles non o perciben e ese egocentrismo sentimental é o que condiciona toda a historia.

Como a vida mesma... dúas persoas namoradas que non pensan en como afecta á outra o seu modo de vivir ese amor.
Ennis del Mar tarda en asumir que se namorou de Jack pero acaba por facelo, sen embargo nunca terá o valor suficiente para facer o que realmente quere: compartir a súa vida con el. Os prexuizos sociais, que el mesmo ten pero contra os que loita porque o amor é máis forte, atemorizan a un Ennis que decide vivir como se fose heterosexual e sendo feliz unicamente nos encontros furtivos con Jack Twist.
A súa decisión de vivir así repercute non só nel, senón, e sobre todo, na outra persoa, que non é capaz de asumir que nunca poderá ter unha vida ao lado de quen ama.
Ese é Jack, que dende un comezo acepta o que Ennis esperta nel e está disposto ao que sexa para ter unha vida xuntos, pero a decisión de Ennis condiciona a súa vida véndose obrigado a vivir como non quere, e a buscar o amor onde non existe para rematar por comprobar que só pode ser feliz con el. Esta triste conclusión sumérxeo nunha frustración tal que acaba por ceder aos desexos de Ennis, con todo o que iso conleva: ser infeliz toda a súa vida a cambio de pequenos instantes de amor.

servido por Susana sin comentarios compártelo

17 Marzo 2006

LA VIDA SECRETA DE LAS PALABRAS


Isabel Coixet é desas directoras que non deixa indiferente co que fai. Pode conseguir que tódolos teus sentimentos afloren cunha soa imaxe ou pode conseguir que te durmas aos cinco minutos de filme. No meu caso, consegue facerme sentir todo o que sinten os seus personaxes e vivir a historia como se me estivese pasando a min.

"La vida secreta de las palabras" son 2 horas de imaxes, palabras e música que forman parte da miña vida porque o meu propio mundo desapareceu durante o filme para entrar a formar parte da historia que a directora recrea na pantalla. Bágoas, sorrisos e rabia son só algunhas das emocións que experimentei mentres presenciaba o conto lento e tranquilo que Coixet compuxo. Unha calma que impera o transcurrir dos feitos para que o espectador poida coñecer moi ben aos personaxes, de tal xeito que as palabras que non chegan a dicir son as que nos fan comprender o filme. Ese é o poder secreto das palabras que a directora convirte en protagonista.

servido por Susana sin comentarios compártelo


Sobre mí

Avatar de Susana

Así son as cousas... para min

Melide, España
ver perfil »
contacto »
Susana Pedreira ten 22 anos (19 para os que non a coñezan) e estudiou xornalismo para cambiar o mundo. Dende que tivo a capacidade para mover os seus músculos e a súa lingua comezou a ser a "raiña" de tódalas festas , ou polo menos a intentalo!! Anos despois de tanto baile a tanto falar segue soñando con que lle deixen demostrar todo o que sabe facer.

Fotos

Susana Pedreira Buján todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera