BICOS CONTRA A DEPRESIÓN

Un bico estimula a parte do cerebro que libera endorfinas no torrente sanguíneo creando unha sensación de benestar, así o afirma a principal axencia de terapia sexual británica, Relate.
¿Que son as endorfinas para ter ese poder? Son opiáceos naturais do organismo que ao ser liberadas no cerebro provocan unha sensación placentera, actuando como antídoto da depresión. Por este motivo, a axencia británica quere facer un chamamento para que as persoas nos biquemos máis e combatir xa non só un problema tan grave como a depresión, senón estados de ánimo baixos ou tan só para ser máis felices cada día!!
Estudos anteriores demostran que as parellas no Reino Unido "non invirten moito tempo en bicarse", senón que cada vez máis as súas horas están consagradas ao traballo, escribe Relate, especializada en terapia sexual e en dar asesoramento psicolóxico a parellas. Ademais, a axencia recorda que os beneficios para a saúde da liberación de endorfinas provocada por un bico xa teñen xerado numerosos documentos científicos.
Mentres máis excitantes e apaixonados sexan os bicos, máis adrenalina se libera no sangue, e maiores son os beneficios para a saúde!! Así o explica a sexóloga británica Denise Knowles, quen indica que os beneficios para a saúde provocados por un bico apaixonado explícanse porque unha forte liberación de adrenalina provoca un aumento da tensión arterial e do ritmo cardíaco.
Así que... esta terapia máis barata non pode ser e se tantos beneficios aporta pois... haberá que provala!!!
A bicarse con paixón!!!!!
