EEUU lanza sobre Irak a maior ofensiva aérea dende a invasión en marzo do 2003
Tres anos despois daquel 20 de marzo contra o que moitos protestamos, o Exército Estadounidense e as forzas iraquies lanzan unha nova ofensiva aérea coa participación dunhas 50 aeronaves contra Samarra ao norte de Bagdad. Máis de 1500 soldados iraquies e da coalición participan na misión e, ademais, uns 200 vehículos terrestres interveñen para "barrer" o que EEUU denomina "unha zona rebelde". Todo isto nun momento no que a populridade de George W. Bush está baixo mínimos.
A intervención xa ten nome ""Enjambre" (cada quen que lle atopeo seu simbolismo) e durará varios días co obxectivo de acabar coa influencia de rebeldes vinculados a Abu Musab al Zarqaui, e desmantelar os escondites de armas e explosivos. Según EEUU xa fron descubertos varios escondites con distintos elementos para a fabricación de explosivos artesanais.
Pola forza desta información convértese no tema do día, tinguindo de tristura a actualidade deste venres chamado 17 de marzo porque unha vez máis comprobamos que o gran USA se quere coronar como o "salavador do mundo" empregando a única estratexia que coñece: a forza das armas.
